Melloran espazos de lecer en Valga co obradoiro de emprego

Alumnos do obradoiro realizando desbroces / Concello de valga

Alumnos do obradoiro realizando desbroces / Concello de valga / s. e.

Os aprendices da especialidade de xestión forestal do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI levan xa varias semanas realizando prácticas formativas e traballos de utilidade pública en espazos de lecer e zonas verdes de Valga. Un exemplo é a área fluvial de Vilarello, onde este mércores recibiron a visita da edil de Formación e Emprego, Carmen Gómez, á que acompañaron o edil Pedro Calvo e a directora do obradoiro, Mª Carmen Vidal. Os dez alumnos están a realizar desbroces, podas de redución de copa, podas de saneamento, traballos de limpeza e outras tarefas. Dirixidos pola docente desta especialidade, Ana María Jiménez, catro aprendices encárganse de desbrozar, dous realizan podas e contan con outras dúas persoas de apoio para a retirada de pólas. Os outros dous alumnos que completan o equipo teñen encomendas tarefas como a retirada de hedras dos carballos para evitar que cheguen a asfixiar as árbores. Traballos similares acometéronos tamén na Mina Mercedes, Parque Irmáns Dios Mosquera ou na Praza do Concello.

TEMAS