Difunden dende Bergantiños as súas Paisaxes Intelixentes e a cociña do obradoiro Fórum Dual

Proba dos pinchos dos alumnos de fórum Dual en Carballo / concello

Proba dos pinchos dos alumnos de fórum Dual en Carballo / concello / M. Manteiga

O CPR EFA Fonteboa de Coristanco acolleu unha sesión informativa con horticultores sobre o proxecto de cooperación Paisaxes Intelixentes, para cultivar produtos singulares no que o GDR Costa da Morte participa xunto con Deloa, Terras de Santiago, Ordes e Ribeira Sacra Caurel. Ademais, o alumnado do obradoiro Fórum Dual está a ofrecer degustaciones na praza de abastos de Carballo dende o xoves.

En concreto, foron 600 pinchos de tostas de pastel de salmón e albóndegas de robaliza en salsa verde para promocionar a súa arte culinaria. No que atinxe a Paisaxes Intelixentes, busca fomentar a planificación participativa para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes; impulsar canles e metodoloxía de planificación territorial; valorar as posibilidades do territorios para activar novas iniciativas que contribúan á recuperación da paisaxe; aportar coñecemento e concretar posibilidades das distintas zonas piloto; posibilidades de comercialización de produtos, formar e tamén impulsar a transición enerxética.