A Maía vai ter unha alternativa na Vía Mariana que sae de Portugal

Este itinerario, de 400 km en 17 etapas, está aberto a ofrecerlles aos peregrinos un desvío alternativo por Brión na 13ª etapa

II Encontro transfronteirizo de presidentes de cámara e alcaldes da Vía Mariana

II Encontro transfronteirizo de presidentes de cámara e alcaldes da Vía Mariana / Cedida

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e o amesán, Blas García, participaron no II Encontro transfronteirizo de presidentes de cámara e alcaldes da Vía Mariana, que tivo lugar na localidade portuguesa de Melgaso organizado pola Asociación Vía Mariana Luso-Galaica.

E a nova é que este itinerario, de 400 quilómetros distribuídos en 17 etapas, está aberto a ofrecerlles aos peregrinos un desvío alternativo por Brión na 13ª etapa.

Deste xeito, tras saír de Padrón e chegar a Faramello, os peregrinos poderían seguir cara a Teo, Santiago e A Baña ou continuar por Brión (pasando polo santuario dos Ánxeles e Santa Minia), para chegar ata Trasmonte (Ames) e logo a A Baña.