Música, circo, degustaciones e moito doce centran o programa da Festa do Melindre de Melide

O evento, que se celebra o 13 e 14 de maio, presentouse na Horta do Obradoiro, en Santiago // Nomearán outros sete embaixadores

O alcalde, segundo pola dereita, na presentación / concello

O alcalde, segundo pola dereita, na presentación / concello / REDACCIÓN

Redacción

O Concello de Melide presentou en Santiago a 31ª edición da Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, que se celebrará como é habitual a segunda fin de semana de maio. Musica, circo, degustacións, showcokings, e moito doce integran un denso programa que disfrutarán melidentes e visitantes os vindeiros días 13 e 14 de maio. A presentación tivo lugar no restaurante A Horta do Obradoiro, en Santiago, dirixido por dous dos embaixadores da festa, Kike Piñeiro e Eloy Cancela.

Abriu o turno de intervencións o alcalde José Manuel Pérez, que destacou o enclave especial de Compostela, elixido para a presentación, “a Horta do Obradoiro, fermosísimo lugar de moita importancia para Melide pola orixe do seu cociñeiro”. Despois presentou a Kike Piñeiro e Eloy Cancela, “ambos foron nomeados embaixadores da festa o ano pasado, fixeron un obradoiro presentando os seus pratos en Melide, e hoxe devolvémoslles a visita”, dixo.

Pola súa banda, Piñeiro, agradeceu a presenza e asegurou que “declárome melindreiro e cociñeiro. Non podo describir a felicidade que supón para min ser embaixador dun produto que me gusta tanto”,

Posteriormente, o alcalde referiuse ao pregoeiro e aos embaixadores que nomearán. “O ano pasado tivemos á xornalista Cristina Pampín de pregoeira e este ano temos a outro, Manuel Pampín, ao quen todos coñeceredes polo seu paso tantos anos pola Televisión de Galicia”. Co respecto asos embaixadores lembrou que son sete: Andrés Torreiro, chef; Patricia López, futbolista profesional e Anxo Castro atleta; Manolo, Juanito, Mejuto ou Santos, e tamén Adega Ribeirao, Casa Juanito, Casa Mejuto e Casa Santos

“E son embaixadores e embaixadoras da festa e de tres doces. Porque en Melide temos tres doces característicos, Melindres, amendoados e ricos (que ademais son exclusivos da nosa comarca e os que máis enerxía aportan, por certo)... E por iso que o ano pasado creamos para a festa os tres espazos físicos que xa quedaron instaurados: espazo Melindre, espazo Amendoado e espazo Rico”, indicó o rexidor melidense.

Pola súa banda, Alberto Rodríguez, o presidente de Melide Terra doce, comentou a promoción que a festa ven facendo nos diferentes centros nestes meses previos nos centros e educativos. Comentou que a festa non se pode celebrar un fin de semana, se non ten un percorrido maior. Hai “pequenas grandes accións”, que fan este produto e esta festa relevante. Como ben comentou Kike, é vital levalo polo mundo, e agradecémoslle enormemente o pulo que lle vai dando ao produto melidense, engrandecendo a súa dimensión e situándoo no mapa”, incou o responsable,

PROGRAMA.

Os actos previos a fin de semana festiva inicianse con obradoiros infantis de repostería o dia 12 de maio. Xa o sábado 13 se abrirá a feira, co Espazo Melindre e coa apertura da feria de artesanía. Durante a xornada celebraranse obradoiros infatís, showcocking e unha sesión de cotelería.

O día grande da 31 Festa do Melindre, o domingo 14 de maio, haberá animación nas rúas desde primeira hora e despois, as 12.00, chegará o nomeamento de embaixadores do Melindre e a lectura do pregón.

A tardiña sera para o público infantil, con circo, malabares, música en vivo e clown.

Xa as 18.00 pecharase a feira e unha hora maís tarde chegar o concerto de SÉS, na praza das Coles