Rois rende homenaxe a Ines Castro, capioa de España de jujutsu

O alcalde, Ramón Tojo, entregoulle unha medalla conmemorativa e un ramo de flores // A moza gañou a medalla de ouro na categoría de cinto branco de menos de 53,5 Kg na súa primeira participación neste deporte.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregándolle esta mañá a medalla conmemorativa do Concello a Inés Castro García

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregándolle esta mañá a medalla conmemorativa do Concello a Inés Castro García / Concello de Rois

Redacción

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregoulle esta mañá unha medalla conmemorativa do Concello e un ramo de flores a Inés Castro García, que hai poucas semanas se proclamaba capioa de España de jujutsu na categoría de cinto branco -53,5 Kg. “É un orgullo ter en Rois deportistas coma ti”, díxolle Ramón Tojo a moza da Peruca, e animouna a “seguir adestrando e traballando duro para acadar moitos máis éxitos no futuro”.

Con esta homenaxe, o goberno local quérelle render homenaxe a unha das deportistas máis sobresaíntes actualmente no deporte do municipio. Inés Castaño comezou practicando tríatlon, chegando a proclamarse tamén campioa de España en categorías interiores e ser internacional coa selección española.

Na actualidade está estudando o terceiro curso de Fisioterapia en Tenerife e decantouse por competir en jujutsu, unha arte marcial híbrida. Dende a medalla de ouro no campionato español, Inés Castro xa volveu gañar nunha competición organizada pola Federación de Abu Dabi o pasado 25 de marzo, na que se impuxo as súas contrincantes italiana e venezolana.

O vindeiro 15 de maio volverá participar noutra proba en Tenerife. A súa intención é ir acumulando puntos para poder participar na fase final desta modalidade. Estes días aproveitará as vacacións de Semana Santa para estar coa familia.

TEMAS