Os concellos interactúan co sector a través dunha renovada web en permanente actualización

José Antonio Marcote, responsable de comunicación da ARD Ría de Muros-Noia, na presentación da renovada páxina web da entidade / Ard m-n

José Antonio Marcote, responsable de comunicación da ARD Ría de Muros-Noia, na presentación da renovada páxina web da entidade / Ard m-n / suso souto

A nova páxina web está estruturada en tres seccións principais. A primeira é a profesional, que inclúe unha Intranet privada para as comunicacións entre as entidades do sector turístico da comarca. A maiores, inclúe un apartado institucional no que se ofrece información sobre a ARD (composición, estatutos, convenios, actas das asembleas, etc.) e un apartado con información sobre a asociación e materiais gráficos para os medios de comunicación.

A segunda sección está dedicada ás redes sociais (Instagram, Facebook e YouTube), que cada día se consolidan como a canle máis habitual de comunicación da ría de Muros-Noia cos turistas e cos veciños.

E a terceira sección está orientada a fomentar a chegada de turistas. Estará en permanente actualización para ofrecerlles propostas diferentes para visitar este destino: dende recomendacións para cada época do ano ata consellos para planificar as estancias na zona. A web actualizarase continuamente incluíndo un Top-10 cas propostas estrela seleccionadas dos distintos municipios.