Prazo para o Certame Literario de Ames ata o vindeiro mércores 12

A edil Escarlata Pampín, centro, coas técnicas Fátima Souto e Rosa Moreiras

A edil Escarlata Pampín, centro, coas técnicas Fátima Souto e Rosa Moreiras / Concello de Ames

A concellaría de Normalización Lingüística amesá lembra que está aberto o prazo para participar na vixésima edición do XX Certame Literario de Ames, ao que os creadores poden presentar os seus textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega. As candidaturas deberán remitirse ata o mércores 12 de abril, e as bases ao completo e a ficha de participación pódense descargar da web municipal. O Certame Literario de Ames chegou as dúas décadas de lonxevidade como unha das iniciativas culturais máis consolidadas na Maía, e hai que lembrar que o concurso serviu como plataforma de despegue de numerosos escritores, que recibiron un impulso inicial gañando as súas convocatorias, mesmo en repetidas ocasións. Ten modalidades de narrativa e poesía por idades, e o 5 de xuño anunciaranse os gañadores. Xa o 9 vai chegar a entrega dos galardóns.