Dodro alerta á poboación sobre posibles fraudes

Casa do Concello de Dodro

Casa do Concello de Dodro / ECG

Redacción

O Concello de Dodro, a través do departamento de Servizos Sociais, utiliza a súa páxina de Facebook para advertir á pobación das posibles fraudes nos domicilios. Entre outras alertas, din que se aseguren de que persoal técnico pertence ás compañías que realizan visitas e que nunca den o número de conta sen estar moi seguros da operación a realizar. Tamén aconsellan que se rexeiten ofertas ou contratos sospeitosos, eliminar correos, SMS ou mensaxes sospeitosas e nunca facilitar contrasinais nas redes sociais. Lembran, finalmente, que ante calquera sospeita débese chamar á Garda Civil, a Protección Civil ou a Emerxencias 112.