Preto de 400 escolares carballeses particpan no Aprende a través do surfing

Aprende a través do surfing nunha edición anterior

Aprende a través do surfing nunha edición anterior / Concello

Redacción

Un total de 388 escolares de Carballo aprenden sobre medio ambiente, integración, protección da natureza, deportes e benestar, e todo grazas ao surf. O fan a través do proxecto Aprende a través do surfing. promovido pola Federación Española desta disciplina deportiva coa colaboración do Concello de Carballo. Os escolares que participan pertencen aos colexios Nétoma-Razo, Gándara-Sofan, A Cristina e Xesús San Luis Romero. O programa arrincou o luns ata hoxe no CEIP A Cristina, e seguirá os días 17 e 21 de abril no Nétoma-Razo.