A web amesá loita contra os delitos na rede

O Concello de Ames, a través do departamento de Tecnoloxías da Comunicación, comparte un decálogo de boas prácticas na rede para evitar caer nos delitos máis comúns que se cometen online: o phising e smishing, fraude no comercio electrónico, o ransomware, o fraude do ceo, a sextorsión e o love/romance scam. Os interesados teñen na web municipal de Ames unha ligazón, e recoméndase sempre manter o sistema actualizado, entrar só en páxinas seguras, abrir arquivos coñecidos, empregar contrasinais fortes, facer copias de seguridade periódicas e, na medida do posible, non facilitar nunca o número de teléfono.