O ministro de Sanidade coñecerá na Casa dos Maiores de Bertamiráns o programa Amessán

O alcalde de Ames, Blas García, á esquerda, con José Miñones / c. ames

O alcalde de Ames, Blas García, á esquerda, con José Miñones / c. ames / redacción

Redacción

O ministro de Sanidade, José Miñones, realizará este xoves unha visita institucional ao concello de Ames, onde será recibido no salón de plenos da casa consistorial (Bertamiráns) polo alcalde, Blas García, e polos membros da Corporación municipal ás 17.30 horas.

De seguido, desprazarase ata a Casa dos Maiores de Bertamiráns, na Praza da Maía, para coñecer o programa Amessán da man da concelleira de Benestar Social, Beatriz Martínez; o técnico do programa, Rubén Ramos; e a monitora da empresa que ofrece a citada actividade (Esproade), Uxía García.

Miñones tamén participará, a partir das 20.30 horas, no acto de presentación da candidatura do PSdeG-PSOE ao Concello de Ames na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Está previsto que interveñan no acto dous dos membros da candidatura socialista (Víctor Fernández e Susana Señores), o actual alcalde e candidato a renovar o seu cargo, Blas García, e o propio José Miñones.

Os socialistas concorrerán ás próximas eleccións municipais baixo o lema Ames, como o queremos.