Dous gaiteiros da comarca optan a tocar en Lorient

Representantes galegos nunha anterior edición do Festival Intercéltico de Lorient

Representantes galegos nunha anterior edición do Festival Intercéltico de Lorient / DELEGACION GALICIA

Unha vez rematado o prazo de inscripción para o concurso de selección de gaiteiros para o Trofeo Mac Crimmon que se celebrará o vindeiro 5 de agosto no Festival Intercéltico de Lorient, concorrerán ao concurso de selección previo dous intérpretes da comarca dentro dos sete preseleccionados: Sonia Blanco Martínez (A Coruña), Rafael Carracedo Crespo (Alcorcón), Jorge Castelo Mourelle (Santa Comba), Adrián García García (Porto do Son), Alexandre Labraña Areda (Cedeira), María López Carballo (Neda) e Diego Prieto González (Castro Caldelas). Será o 23 de abril no auditorio da AC Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo), ás 17.00 horas