Ames recompilou e presentou os textos finalistas do certamen literario

Escritores finalistas coas autoridades amienses / CONCELLO DE AMES

Escritores finalistas coas autoridades amienses / CONCELLO DE AMES / redacción

Redacción

A casa da cultura de Bertamiráns acolleu, este sábado, o acto de presentación da recompilación dos textos finalistas do Certame Literario de Ames de 2022. Un acto no que o Servizo de Normalización Lingüística presentou o libro cos textos gañadores da décimo novena edición do certame, e no que os autores e as autoras leron as súas creacións. Ao evento acudiron a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a concelleira de Cultura, Natividade González e o concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil. O libro presentado inclúe todos os textos finalistas dun certamen que recibiu un total de 153 propostas. Premiáronse 18 que se repartiron entre as categorías de narrativa e poesía e entre as diferentes franxas de idade (maiores de 18, entre 14 e 17 anos e menores de 13). Os traballos procedían de once concellos, espallados por toda a xeografía. Entre a listaxe de premiadas atópanse obras con orixe en Ames, A Coruña, Carballo, Moraña, Negreira Pontevedra, Portas, Rianxo e Vigo.