Corcubión rehabilitará edificios e instalacións municipais co apoio financieiro da Deputación

O deputado Xosé L. Penas, esda., e o alcalde asinaron o convenio / d. C.

O deputado Xosé L. Penas, esda., e o alcalde asinaron o convenio / d. C. / redacción

Redacción

A Deputación da Coruña cofinanciará as obras de rehabilitación de edificios e instalacións municipais, orzamentadas en 120.000 euros, dos que a entidade provincial achegará o 80 % do investimento. Actuarán na oficina de turismo, a casa da cultura, o concello, a contorna do cuartel da Garda Civil, no mercado municipal e nos edificios dos xulgados e da Capitanía Marítima.

Na oficina turística a actuación prevista centrarase na solución das humidades e na casa da cultura vaise proceder a limpar o acabado exterior, incluíndo o baleirado dos canlóns. No interior da edificación será necesario repoñer as partes afectadas polas filtracións de auga. Na casa consistorial limparanse os canlóns e reporanse as tellas rotas e, ademais vanse eliminar as fendas nas molduras de formigón armado das fachadas.

Na contorna do cuartel da Garda Civil acondicionarase un espazo baleiro a carón da rúa Campo do Lobo, na parte norte, co obxectivo de crear varias prazas de aparcamento e un acceso á zona residencial.