O Dela Fest de arte urbana chega co documental ‘Museo a celo aberto’ ao Milladoiro

O Delas Fest abarca unha serie de actividades que darán comezo este martes

O Delas Fest abarca unha serie de actividades que darán comezo este martes / ECG

Redacción

O Delas Fest, primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, volve a organizarse por quinto ano consecutivo en Ames. A iniciativa, ademais de encher de cores e historia os muros da comarca de Compostela, abarca unha serie de actividades que darán comezo este martes, 25 de abril.

Ás 16.00 horas o auditorio da casa da cultura do Milladoiro acollerá a proxección do documental Museo a ceo aberto. A entrada é de balde ata completar aforo, e os asistentes poderán participar nun coloquio coa directora do filme, Marián Fernández.

A serie documental, creada no 2021, está estruturada en sete capítulos dunha duración aproximada de vinte minutos, e xira arredor da arte urbana en Galicia, onde foron xurdindo artistas, iniciativas e eventos que conseguiron xerar auténticas transformacións na paisaxe das vilas, barrios e cidades. Museo a ceo aberto mapea os principais polos de creación desta arte a través de conversas con artistas, comisariados e colectivos que promoven eventos referenciais en Galicia, establecendo unha conversa arredor dos distintos tipos de manifestacións artísticas urbana.