As caixas de leite Feiraco animan a empregar o galego diante dun futuro nada prometedor

Caixas co código QR incorporado

Caixas co código QR incorporado / ECG

A empresa láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN e con sede en Ames, pon en marcha unha divertida iniciativa para celebrar o Día das Letras Galegas, que este 2023 homenaxea ao escritor e intelectual de Lourenzá Francisco Fernández del Riego (1913-2010). Consiste nun código QR que, incorporado ás caixas, leva ao sitio falarei.gal onde titulares reais sobre o abandono do galego mistúranse con outros do futuro aínda máis inquedantes (o vídeo final publicarase o 2 de maio).

Precisamante, foi a frase de Fernández del Riego “soño unha Galicia ideal que no meu tempo non se realizou, pero pode realizarse no futuro” a inspirou esta campaña futurista de Feiraco. Segundo os seus responsabeis, nos últimos anos, as estatísticas veñen reflectindo que cada vez se emprega menos a lingua galega, especialmente entre a mocidade. E lembran que as cifras do INE “evidencian que, por primeira vez, o galego xa non é a lingua máis usada e, ademais, case un 30 % das e dos menores de 20 anos afirman non poder falar nada en galego ou con dificultade.

Ademais, as primeiras trescentas persoas que se anoten nesa páxina web recibirán unhas lentes de sol sobre esta campaña totalmente de balde.