Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mozos e maiores de Vedra súmanse por parellas ao voluntariado para divulgar o Concello

Voluntarios de Vedra

Voluntarios de Vedra / Concello de Santiago

Vedra

Vedra chama á participación do programa de voluntariado interxeracional no medio rural baixo o epígrafe Uve de Voluntariado; Uve de Vedra: Uve de Valía. Esta iniciativa pioneira vaise levar a cabo coa Xunta no termo municipal e está dirixido aos mozos de 16 a 35 anos e ás persoas maiores de 55 anos, dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE-NextGenerationEu.

A acción voluntaria realizarase por parellas –é dicir un mozo e un maior–, e busca unha aportación social e comunitaria importante para o territorio. Os obxectivos xerais serán o de poñer en valor as aportacións das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da comunidade; promover accións interxeracionais que fomenten a relación entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos e crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor o Concello de Vedra.

As liñas de actuación son tres: a turística Proxecto Son Vedra, para dar a coñecer o patrimonio; a agroalimentaria de Agrovedra, sobre tradicións neste eido, e a de cohesión tecnolóxica Proxecto Vedrea, para fomentar a dixitalización nas persoas maiores. Más datos en voluntariado@concellodevedra.gal ou o nos teléfonos 981 814 695/12.

Tracking Pixel Contents