Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carballo e L’Isle Jourdain reforzarán a súa relación de irmandade na localidade francesa

Carballeses na última visita á localidade de L’Isle Jourdain / a. i. l. c.

Carballeses na última visita á localidade de L’Isle Jourdain / a. i. l. c. / J. M. RAMOS

Carballo

A asociación de Irmanamento de Carballo con L’Lisle Jourdain (Francia) seguirá afondando nas relacións sociais e culturais entre ambos municipios irmáns. Con tal fin programaron unha nova viaxe á vila francesa, despois da paréntese obrigada pola pandemia.

Serán un total de seis días nos que, ademais da vila irmá, os participantes visitarán lugares de interese do sur de Francia e a cidade de Toulouse. O esperado reencontro será unha ocasión excepcional para mergullarse, dos pés á cabeza, na riqueza da cultura francesa.

A comitiva carballesa partirá o día 30 de xuño e regresará o 5 de xullo. Unhas datas que coinciden coa celebración do Festival Occitano Escota e Minja, unha das grandes citas culturais da rexión.

“Participar nun intercambio en L´Isle Jourdain é vivir unha experiencia memorable. Dende que se chega ao destino, non se é un turista, pasas a ser un máis na familia e iso é clave para coñecer realmente a cultura do país” indican. O prezo da viaxe é de 180 euros por persoa.

TEMAS

Tracking Pixel Contents