Feira das Profesións para os alumnos dende Bertamiráns

Alumnado do IES de bertamirans

Alumnado do IES de bertamirans / ECG

A Feira das Profesións 2023 organizada conxuntamente polos departamentos de orientación do IES Xulián Magariños, do IES de Ames e do IES de Brión, arrinca este xoves na capital maiá. Está confirmada a presenza dun importante número de expositores entre os que constan universidades, CIFP, IES, CFEA, así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegarán ao alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións. Pola mañá concentraranse alumnos dos tres centros, e pola tarde haberá xornada de portas abertas.