O Movimento Veciñal de Touro leva a vía penal o “amaño” dunha oposición

Casa do Concello de Touro

Casa do Concello de Touro / ECG

Redacción

O Movemento Veciñal de Touro anunciou que presentará denuncia penal “polo caso da oposición a medida da filla do candidato do PP.” A formación explica que adopta esta vía ante a negativa do Concello convocar un pleno extraordinario.

Lembran que o asunto saltou en decembro cando preguntaron ao alcalde se a coincidencia entre a puntuación que outorgan as bases e a experiencia laboral da suposta beneficiada eran casualidade ou fora feito a propósito. “Naquel pleno a resposta foi o silencio... No pleno de marzo o alcalde afirmou textualmente que non houbo casualidade, reafirmando as sospeitas de amaño”, dín.

TEMAS