Guadalupe Vázquez presentou o libro 'Filla da Ruña' no colexio mazaricano da Picota

Guadalupe Vázquez na presentación do seu libro no CPI de A Picota

Guadalupe Vázquez na presentación do seu libro no CPI de A Picota / JUAN LOURO

Redacción

A escritora e docente Guadalupez Vázquez Formoso presentou a súa obra Filla da Ruña a nenos e nenas de educación primaria do CPI da Picota (Mazaricos). O acto consistiu na lectura do libro por parte da autora e nunha serie de actividades dinámicas para os pequenos –seguindo a liña de libros anteriores– nas que todos eles participaron activamente. 

Guadalupe asegura que “o libro é unha homenaxe ao mundo rural e á natureza, simbolizado neste caso no verxel natural do Monte da Ruña (Mazaricos) e nos moitos tesouros que alberga.” 

A autora agradeceu a acollida do centro educativo da Picota así como o labor dos membros da ANPA e de Juan Louro, quen cedeu as fotografías para o libro e que tamén estivo presente no acto, xunto co propio fillo da escritora, Antón, “que sempre me axuda coas ilustracións e aportando ideas", afirmou.

Todos temos unha Ruña no noso interior e debemos protexela; non podemos deixala morrer. Debemos reivindicar aquilo que fomos e que somos" conclúe a docente.