Morre atropelado un veciño de Boiro que estaba tombado na estrada na Pobra do Caramiñal

O home, de 50 anos, ía sen chaleco reflector e xacía no medio do carril cando foi alcanzado por un coche

Morre atropelado un home que estaba tombado na estrada na Pobra do Caramiñal

Morre atropelado un home que estaba tombado na estrada na Pobra do Caramiñal / Suso Souto

Un home de 50 anos de idade morreu a pasada noite ao sufrir un atropelo no municipio coruñés da Pobra do Carmiñal. Ao parecer, "ía sen chaleco reflector e estaba tombado na estrada cando foi alcanzado polo coche. A vítima, Carlos García Dieste, residía no lugar da Magdalena de Boiro e era coñecido nesa localidade coma "O chino", un toxicómano que os veciños definen coma "boa persoa", e que "nunca tivo problemas con ninguén".

Segundo informan distintas fontes do operativo que interveu no sinistro, o atropelo ocorreu ao redor da medianoite no quilómetro 30.500 da AC-305, a estrada que vai desde Ribeira ata Padrón.

A vítima, Carlos García Dieste, "O chino", vivía no lugar da Magdalena, na Pobra do Caramiñal

A vítima, Carlos García Dieste, "O chino", vivía no lugar da Magdalena, en Boiro / ECG

O 061-Urxencias Sanitarias mobilizou até o lugar unha ambulancia de soporte vital básico con persoal de Atención Primaria. Con todo, só puideron confirmar o falecemento deste home de 50 anos. Descoñécese se a morte se produciu con anterioridade ao atropelo.

Tal e como trasladan fontes da Garda Civil, o home atopábase "tombado no medio do carril e sen ningunha peza reflectora".

O 112 Galicia tamén pasou o aviso á Policía Local da Pobra e a Protección Civil.