Ames mellorará a pavimentación dos viarios interiores e un acceso ao núcleo de Framil, en Biduído

As obras teñen un orzamento de 363.357 euros // Na vía de entrada executarase unha cuneta transitable dun metro e medio de ancho

Imaxe aérea do núcleo de Framil, en Biduído, no que se levará a cabo o plan de melloras viais

Imaxe aérea do núcleo de Framil, en Biduído, no que se levará a cabo o plan de melloras viais / Concello de Ames

O Concello de Ames está traballando no expediente de contratación das obras incluídas no POS+ 2023 da Deputación da Coruña. Un dos proxectos contempla a pavimentación dos viarios interiores do núcleo de Framil, en Biduído, así como dun dos seus accesos. O orzamento é de 363.357 euros. As actuacións abarcan distintos tipos de obras. Moitas delas inciden na mellora e/ou reparación de vías públicas municipais, algunhas nos camiños interiores de aldeas de parroquias como a pavimentación de viarios no núcleo de Framil. Para os viais da zona proxéctase un novo pavimento de 15 centímetros de formigón con mallazo sobre 10 centímetros de zahorra, previa demolición do firme actual.

En ambas marxes disporase unha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho. Para o viario de acceso de 110 metros de lonxitude total e 3,20 metros de ancho medio, así como un abanico de 50 metros cadrados, preténdese a mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con 10 centímetros grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Ao longo deste viario, executarase unha cuneta transitable cun ancho medio dun metro e medio. Empregarse un pavimento de formigón de 15 centímetros de espesor sobre 20 centímetros de zahorra.

A rede de recollida de augas pluviais realizarase mediante canalización de 400 milímetros de diámetro. Na cuneta transitable disporanse arquetas con sumidoiro e no núcleo utilizaranse canles de fundición dúctil con reixa a todo o ancho do viario e pozos de rexistro.

Para a rede de alumeado público contarase en toda a actuación unha canalización de poliproplieno de 90 milímetros de diámetro e arquetas prefabricadas. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal na vial de acceso e a colocación dunha sinal de stop.