Frustración nun servicio de limpeza que continúa de folga en Ames diante da falta de negociación

Subliñan que esta mobilización “apenas é percibida” pola veciñanza

Concentración dos traballadores da limpeza amesá estes días / CIG

Concentración dos traballadores da limpeza amesá estes días / CIG / M. Manteiga

Os traballadores do servizo de limpeza viaria e punto limpo de Ames, concesionado a Urbaser, superaron a sétima xornada de folga indefinida, un conflito para mellorar os seus salarios “que se vai alongando no tempo sen que nin a empresa, nin o Concello deran máis sinais de vida que a emisión dun informe negativo coa pretensión de impedir unha convocatoria de manifestación para este martes”, que si que permitiu a xunta electoral.

Así o explica o secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Alonso, quen denuncia, ademais, “os servizos mínimos abusivos impostos por decreto polo actual alcalde e candidato polo PSOE ás vindeiras municipais, Blas García”. Di que “nun domingo ou nun festivo só traballa unha persoa por quenda, pero o alcalde estableceu que os servizos mínimos foran do 50 %, alegando as temperaturas previstas para esta semana”, denuncia Alonso.

Debido a tal motivo, subliñan que esta mobilización “apenas é percibida” pola veciñanza, xa que a limpeza viaria “estase mantendo día a día”.