O mozo amesán Marcelo Lusardi demostra que a falta de visión non é problema ningún para o skate

A xornada culminou cunha mesa redonda entre Marcelo Lusardi e o alumnado, onde lle fixeron preguntas de todo tipo nun ambiente moi próximo e agradable

Marcelo Lusardi ca edil, terceria dereita, técnica e docente / Concello

Marcelo Lusardi ca edil, terceria dereita, técnica e docente / Concello / M. Manteiga

A concellaría de Xuventude amesá e o departamento de Educación Física do IES de Ames organizaron unha charla dirixida ao alumnado de primeiro de Bacharelato na que participou Marcelo Lusardi, un xoven skater do Milladoiro que é invidente. Ademais de compartir ca rapazada a súa experiencia, demostroulles que ter unha discapacidade non é motivo para quedar atrás nin sentirse menos que ninguén.

“Imaxinas por un momento quedar cego e que a túa vida non faga máis que mellorar?”, esta foi a temática da charla impartida por Lusardi, segundo o Concello, no centro de Secundaria de Bertamiráns. O xove skater amesán compartiu co alumnado a súa historia, asegurando que el puido seguir facendo skate a pesar das circunstancias.

A xornada culminou cunha mesa redonda entre Marcelo Lusardi e o alumnado, onde lle fixeron preguntas de todo tipo nun ambiente moi próximo e agradable. O mozo agradécelle á concellaría a organización do encontro, que permitiu divulgar e normalizar a discapacidade.