Premios na Festa Castrexa da Baña ós mellores clans que participaron

O clan Escribanos palustres levou o premio á mellor teatralización / c.d.b.

O clan Escribanos palustres levou o premio á mellor teatralización / c.d.b. / M. MANTEIGA

A Baña celebrou unha nova edición da súa Festa Castrexa, na que premiou aos clans participantes máis destacados. Así, o galardón á mellor caracterización foi para Alborada; a da mellor teatralización recaeu en Escribanos Palustres; e o mellor artefacto móbil foi o do Clan da Alberta. Os tres recibiron de agasallo un lote de produtos. Na festividade, A Baña volveu á época prerromana con moita música tradicional, postos de artesanía e xogos populares.

Animou a gozar da festa o actor Víctor Fábregas nun pregón no que fixo un particular percorrido pola historia e recomendoulles aos castrexos que non veñan á tolemia do mundo actual.

As gaitas de Axio Mouro, o pregón e as cantareiras de Malvela abriron a xornada, que continuou xa pola tarde ca actuación de alumnado da Escola Municipal de Música da Baña, a presentación dos clans, a batalla castrexo-romana, xogos e os sons das pandeiretas, gaitas e as cantareiras locais. A festa acabou no Castro ca música de Sés e a Charanga Mekánika Rolling.