Héctor Pose presenta en Malpica a novela 'A urna das cartas'

Hector Pose, profesor universitario e escritor malpicán

Hector Pose, profesor universitario e escritor malpicán / Pilar Freire

Redacción

Fran regresa de adulto á vila de onde o desterraron de cativo. Vén a se desfacer da casa patrucial, chea de tristes recordos. Este é o punto de partida de A urna das cartas, a nova novela de Héctor Pose Porto, que este sábado, día 20 ás 18.00 horas, estará na Casa do Pescador de Malpica para falar desta obra editada por Hércules de Edicións en galego e castelán.

O autor malpicán estará acompañado polo alcalde, Eduardo J. Parga; a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro; o presidente de Hércules, Francisco Rodríguez Iglesias; así como por Cristina Corzón, unha rapaza da localidade afeccionada a lectura.

Nesta viaxe ao pasado, apareceran personaxes como Don Tino, un carteiro e mestre represaliado polo franquismo, e o presente debúxase nunha colaxe de reencontros, cartas e amor. A urna das cartas é a segunda novela que Pose Porto publica con Hércules, tras Muxos, obra merecedora do I Premio Asubío de Novela, convocado pola editorial e a Fundación María José Jove.