Juan Carlos Monedero visita Ames para arroupar a candidata á alcaldía Vanessa Vidal

O encontro terá lugar no Pazo da Peregrina ás 20:00 horas

Juan Carlos Monedero.

Juan Carlos Monedero. / EFE

Redacción

Juan Carlos Monedero, uns dos fundadores de Podemos, visitará o Concello de Ames o martes 23 para arroupar a candidata á alcaldía Vanessa Vidal. O fundador do partido morado intervirá nun mitin acompañado de Borja San Ramón, coordinador nacional de Podemos Galicia, Angélica Serantes, a número 3 da cadidatura de Podemos Ames e a candidata á alcaldía, Vanessa Vidal.

O encontro terá lugar no Pazo da Peregrina ás 20:00 horas onde os veciños e as veciñas poderán achegarse a escoitalas