Salmón de ouro estradense aos sidreiros e a Fernández Castro

García Gómez fixo fincapé na importancia do salmón non só como elemento gastronómico, senón tamén polo seu valor como elemento patrimonial e cultural

García, esqu., López, o alcalde, Sanmartín, Fernández e Constenla / Ce

García, esqu., López, o alcalde, Sanmartín, Fernández e Constenla / Ce / M. Manteiga

O Concello da Estrada vén de pór punto e final á Festa do Salmón cunha xornada repleta de propostas. A nivel máis cultural, durante a mañá o público asistente puido gozar da mostra de artesanía e da exposición Tecedeiras: arte e talento na sombra. E un dos momentos centrais da xornada foi o pregón a cargo do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, así como a imposición dos Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández Castro e á Asociación Maceira e Sidra da Estrada.

Durante lectura do pregón, García Gómez fixo fincapé na importancia do salmón non só como elemento gastronómico, senón tamén polo seu valor como elemento patrimonial e cultural. Logo das condecoracións, tivo lugar a degustación popular de salmón cunha estimación de 3.000 pinchos servidos na praza do Mercado. Os concertos da Big Band Carlos Barruso e da Coral Polifónica Estradense puxeron punto e final ao regreso dun dos máis grandes eventos gastronómicos da comarca compostelá.