Fran Calo avoga pola posta en valor dos montes de Outes

Fran Calo, dereita, con José González, centro, durante a reunión / pp

Fran Calo, dereita, con José González, centro, durante a reunión / pp / suso souto

Fran Calo, candidato á alcaldía de Outes polo PP, trasladouse a San Caetano para manter unha xuntanza co conselleiro do Medio Rural, José González. A principal proposta que o alcaldable lle trasladou foi a ordenación e posta en valor dos montes, que foi valorada moi positivamente polo conselleiro. González amosou o apoio da Xunta a esa iniciativa, ofrecéndolle varias fórmulas para acadar ese obxectivo, como os polígonos forestais, as parcelarias, as agrupacións de xestión conxunta e a figura das SOFOR. Quedaron emprazados a unha próxima reunión despois do domingo se o PP acada a alcaldía de Outes, para definir as fórmulas concretas.