Saldan a débeda histórica con Lens ao licitar o saneamento e a traída que suplían os veciños

O Concello subliña que a maioría das fosas sépticas e os actuais pozos non tiñan controis sanitarios

Acceso ao Pazo de Lens, situado no medio do núcleo histórico

Acceso ao Pazo de Lens, situado no medio do núcleo histórico / GM

O tripartito amesán vén de aprobar o expediente de contratación das obras do proxecto de saneamento e abastecemento de auga, saldando a débeda histórica co lugar de Lens, onde a veciñanza suplía estos servizos. Dita actuación ten un orzamento de licitación de 789.230 euros, con 328.375,96 euros para o exercicio 2023 e o importante restante, que ascende a 460.854,90 euros, para 2024. Así, a rede de saneamento disporá de 1.490 metros de canalización e 2.580 metros de impulsión. Ademais, o proxecto inclúe 3.830 metros de rede de abastecemento de auga e 820 metros de rede de pluviais. A obra complétase coa pavimentación do viario.

Coa ampliación da rede de abastecemento preténdese substituír as traídas veciñais e os pozos particulares, que carecen na maior parte dos casos de control sanitario e de mantemento. O obxectivo é rematar coas fosas sépticas particulares e as verteduras incontroladas ao medio natural.

A rede de saneamento recolle 1.490 metros de canalización e 55 pozos de rexistro. Haberá dous bombeos. O proxecto tamén inclúe canalizacións de pluviais, con entubado de PVC de 400 milímetros de diámetro, sumidoiros, pozos de rexistro e reixas de fundición. Deste modo, estendaranse uns 3.830 metros de rede de abastecemento de auga , dos que 980 metros serán de fundición de 200 milímetros de diámetro dende a ETAP ata o noroeste do núcleo que comunicará co futuro depósito.