A Baña oferta sesenta prazas no seu campamento de verán por 100 €/mes

Rapaces xogando nunha edición anterior do campamento /CONCELLo

Rapaces xogando nunha edición anterior do campamento /CONCELLo / redacción

Redacción

O Concello da Baña vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán 2023, no que poderán participar nenos e nenas escolarizadas de entre 3 e 14 anos entre o 3 de xullo e o 8 de setembro. Con esta medida, o Concello quere facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares. O campamento, que oferta 60 praza, desenvolverase en Agra de Chans, en horario de 8.00 a 14.30 horas de luns a venres laborais, e terán preferencia as familias empadroadas na Baña ou que traballen no concello con necesidades de conciliación. De quedar prazas vacantes, poderán anotarse as crianzas que cumpran cos requisidos que figuran nas bases. O prezo do campamento para as persoas censadas na Baña é de 100 euros mensuais (50 cada quincena) no caso de que só participe un menor da unidade familiar; 75 € polo segundo irmán ou irmá (37,5 a quincena) e 50 olo terceiro (25 quincena). Para as persoas non censadas, as contías a abonar serán de 193, 145 e 96 € ao mes (a metade na quincena).