Amicos incide na formación laboral de vítimas de violencia machista con itinerarios personalizados

Capacitaranse para manipular e envasar alimentos e farán prácticas en empresas do Barbanza // A entidade atende a máis de mil persoas con discapacidade // O ano pasado conseguiu que 301 usuarios atoparan traballo

El programa de Amicos está en fase de selección de las participantes a través de las oficinas de empleo de Boiro y Vilagarcía de Arousa / amicos

El programa de Amicos está en fase de selección de las participantes a través de las oficinas de empleo de Boiro y Vilagarcía de Arousa / amicos / suso souto

O Servizo de Orientación Laboral da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, de Ribeira, segue avanzando na prestación de apoio e a orientación das persoas en situación de vulnerabilidade e incorpora por terceiro ano consecutivo un programa exclusivo destinado á capacitación de mulleres en situación de violencia de xenero.

A entidade dá servizo a máis dun milleiro de persoas con discapacidade ou situación de vulnerabilidade das comarcas de Barbanza e Muros-Noia. O pasado ano, o seu Servizo de Orientación Laboral conseguiu que 301 persoas atoparan emprego.

O obxectivo principal deste programa específico para mulleres é acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das mulleres participantes combinada coa concienciación e mediación co tecido industrial da comarca do Barbanza.

A acción inclúe formación especializada para o emprego sobre envasado, acondicionado e embalaxe de productos alimentarios combinado cun curso de manipulación de alimentos”. Ao remate da formación, as participantes terán a posibilidade de realizar prácticas non laborais.

Actualmente o programa atópase no proceso de selección das participantes inscritas nas oficinas de emprego de Boiro e Vilagarcía e estará activo ata finais de outubro.

Keltoi Cameán, coordinador de Orientación Laboral da asociación Amicos, señala que “a colaboración e sensibilización activa das empresas para a inserción sociolaboral deste colectivo é moi importante; intentaremos lograr que un tercio das participantes atopen emprego”.

Por outra banda, Berta Miguéns, orientadora do colectivo, recalca que “desenvolveremos itinerarios persoalizados e específicos según a situación de cada muller, tratando de mellorar a situación sociolaboral e activando posteriormente grupos de autoaxuda”. Este programa é posible grazas á financiación da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualde do Goberno de España.

“A nosa entidade entende a formación como un dos vehículos esenciais para acadar a integración en igualdade dos nosos usuarios e usuarias. Non só desde accións concretas destinadas ás persoas con discapacidade intelectual, senón tamén por medio de iniciativas de formación continua enfocadas a que os nosos profesionais poidan ampliar os seus coñecementos e desenvolver novas actividades (o proceso de formación continua dos nosos traballadores e traballadoras mellora a calidade do servizo ofertado, dando a oportunidade a usuarios e a profesionais de ampliar coñecementos e desenvolver novas actividades)”, di o director xeral de Amicos, Xoan España.

Os usuarios, ademais da formación ocupacional relacionada co servizo de emprego, reciben formación personalizada mediante titorías co fin de coñecer as súas capacidades e dotalas de máis ferramentas e potencialidades que contribúan a aumentar a súa autonomía na vida diaria e a súa calidade de vida.

Entre os obradoiros que se realizan habitualmente están os de serigrafía, manipulación de alimentos, bixutería, coiro, barro, lectoescritura, expresión dramática, etc.

Os servizos da entidade

Atención integral

Para desenvolver o seu intenso labor de atención integral á discapacidade, Amicos conta cun centro residencial no que viven usuarios permanentemente, pero que tamén ofrece a posibilidade de estancias curtas (os respiros familiares, que aseguran unha atención especializada naqueles momentos nos que as familias máis o necesitan, e que proporciona o servizo de apoio puntual); un centro de día (para persoas con discapacidade que presentan grandes necesidades de atención e, ao mesmo tempo, impulsar a súa autonomía, a tarvés da área de Potenciación da Psicomotricidade); un centro ocupacional (para persoas que unicamente necesitan apoio de forma intermitente); unha Unidade de Atención Temperá para nenos de 0 a 6 anos; un Centro de Educación Especial; e unha Unidade de Rehabilitación Avanzada (especializada en dano cerebral e patoloxías neurolóxicas).