Arzúa acolle a mostra de produtos e conferencias sobre apicultura galega

A mostra xira arredor do impacto do cambio climático na apicultura e as derivas do mel no mercado global

La apicultura podría ser Patrimonio de la Humanidad

La apicultura podría ser Patrimonio de la Humanidad / PIXABAY

S. elvira

Este sábado, día 3 de xuño, celebrase en Arzúa a 38ª Mostra Galega de Apicultura. Esta actividade terá lugar no local da asociación AGA en Arzúa e no local da Polbeira de Santa María (conferencias e asemblea). Nos arredores do Centro de Divulgación do Queixo e do Mel estarán os postos dos comerciantes e provedores de material e produtos apícolas. As persoas asistentes poden aproveitar este día para recoller a parte do material do Plan Apícola que teñan solicitado.

Indicar que esta mostra xira arredor de dous temas de actualidade para os apicultores e as apicultoras, tal como é o papel do cambio climático na apicultura actual e as derivas do mel no mercado galego, español, europeo e mundial, tanto na súa comercialización por xunto coma polo miúdo. Desde o punto de vista técnico vaise presentar unha innovación para protexer as colonias de abellas da vespa velutina. E desde a profesión abelleira explicaranse as axudas da PAC 2023 para a apicultura, segundo expican desde a Asociación Galega de Apiculturas.