Máis de once mil veciños de Carballo, o 35% da poboación, teñen máis de sesenta anos
Mellorar a calidade de vida e fomentar o envellecemento activo durante o maior tempo posible son os obxectivos das actividades promovidas polas áreas de Benestar e Terceira Idade deste concello
Redacción
Mellorar a calidade de vida e fomentar o envellecemento activo durante o maior tempo posible son os obxectivos das actividades promovidas polas áreas de Benestar e Terceira Idade de Carballo, un municipio que conta con más de 11.000 persoas maiores de 60 anos. Esta semana clausuráronse os cursos de memoria organizados polo Concello e impartidos por profesionais de Afaber, nos que participaron 150 persoas que se repartiron entre as parroquias de Lema, Noicela, Razo, Sofán, Verdillo, Sísamo, Ardaña e tamén Carballo.
O alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Benestar, Maica Ures, e o presidente de Afaber, Jesús Villar, fixéronlles entrega dos diplomas e animáronos a seguir exercitando a mente, “porque moitas veces nos esquecemos de que, ademais do exercicio físico, é moi importante a ximnasia mental”, díxolles a concelleira.
Os cursos, que forman parte do programa municipal de envellecemento activo, viñeron celebrándose dende o mes de outubro nos distintos centros sociais.
- Incendio en Rois: "Las llamas avanzan con rapidez
- Louzao Dono es ya nuevo alcalde de A Estrada con la autovía hacia Santiago, la vivienda o industria como principales ejes
- Bugallido: la parroquia de Ames que llevó al éxito su propio ciclo sobre salud tras implicar a vecinos especialistas sanitarios
- Una amesana entra en la carrera por ganar 'La Voz Kids' dentro del equipo de Lola índigo
- Operativos antidroga en Barbanza: 4 detenidos y 1 investigado por la Guardia Civil
- El alcalde de Rois apunta a la "intencionalidad" del fuego: "En O Faro hubo mucho miedo. Las llamas pasaron muy cerca
- Ames quiere poner en marcha su comunidad energética y la aldea modelo de Ferreiros a mediados del presente año
- Un vecino de Fisterra denuncia haber sigo agredido por cuatro hombres que se identificaron como policías