Marcos Coll, La Perra Blanco e Luk Winslow-King no sétimo Fisterra Blues Experience

Adrian Costa no Fisterra Blues Experience 2022

Adrian Costa no Fisterra Blues Experience 2022 / FBE

A fin do mundo acollerá do 30 de xuño ao 2 de xullo a sétima edición do Fisterra Blues Experience, que contará con recoñecidos nomes do blues galego e internacional, xunto outros xéneros musicais. Entre as primeiras confirmacións está o compostelán afincado en Berlín, Marcos Coll, que presentará o seu proxecto Nómade en colaboración co guitarrista alemán Stef Rosen. Tamén virán a Fisterra o trío gaditano La Perra Blanco, que aposta pola música americana dos anos 50; o mestre da slide-guitar, o estadounidense Luke Winslow-King; o compostelán Adrián Costas; Madame Bird; Mojo Mantra; Alexis Evans; Malabesta; David Regueiro & Mónica Acevedo; Brass Atlantica e Rapacollón’s.