A Xunta recorrerá ao Tribunal Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula a autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Campelo, entre os municipios Coristanco e Santa Comba, pola “indebida fragmentación” do mesmo e por non ser sometidos o proxecto e o estudo de impacto ambiental a información pública durante 30 días, tal e como dictamina a lei.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, sinala que cre necesario “aclarar” por parte do Supremo a situación legal, posto que “hai uns parques que están a ser suspendidos temporalmente e outros que non sobre a mesma casuística”. “As sentenzas que se emitiron por parte do TSXG están a establecer unha serie de cuestións nas cales, desde a Xunta, entendemos que hai que aclarar, seguramente isto terá que ser sometido ao Tribunal Supremo”, afirmou.

“Hai aspectos desde o punto de vista da tramitación que cales non entendemos”, asegura, xa que “a Xunta está a actuar conforme a normativa”. “Creo nese sentido que a única valoración é que imos trasladar a nosa posición”, á vez que garante que se van a “acatar as diferentes sentenzas que se vaian establecendo cos diferentes parques”.