Estudarán unha solución definitiva á rotura da ponte lalinense de Zobra

A brigada de obras estivo traballando tralas fortes choivas para dar unha solución provisinal e garantir o tráfico lixeiro aos residentes

Solución provisional á rotura da ponte de Zobra en Lalín

Solución provisional á rotura da ponte de Zobra en Lalín / concello

Os técnicos de Lalín reuniranse este luns para analizar unha solución definitiva á rotura da ponte subterránea de Zobra, que se derribou despois das fortes choivas que provocaron a crecida do río. A enchenta arramplou o tubo de debaixo da estrada, provocando que quedasen incomunicados e sen vía de acceso os veciños e visitantes dos lugares de Trigueira, Cabana, Portomartín e Ameixedo. A brigada de obras municipal estivo traballando intensamente ata a noite, axudada pola maquinaria das empresas Taboada y Ramos e Excavacións Pena de Zobra que se brindaron de forma voluntaria e puxéronse ao dispor do Concello para darlle unha solución provisional e garantir o tráfico lixeiro aos veciños residentes. A parroquia de Zobra, situada ao leste da capital do Deza, conta con medio cento de veciños. E nas últimas semanas, ademais, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conectou esta localidade con Lalín a a través da ampliación da liña de autobús compartido que vai dende o IES Laxeiro ata Lodeirón.