O programa Trouleando invita á mocidade amesá ao Aquapark de Cerceda

Trátase dun parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio

As prazas para participar son limitadas e asignaranse por orde de chegada

Toboganes acuáticos de Cerceda

Toboganes acuáticos de Cerceda / AquaparkCerceda

A Concellaría de Xuventude de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. Será o xoves 22 de xuño e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 8 e 14 de xuño (ambos incluídos). As prazas para participar son limitadas e asignaranse por orde de chegada.

Tobogán de donuts no parque de cerceda

Tobogán de donuts no parque de cerceda / AquaparkCerceda

Na actividade que terá lugar o xoves 22 de xuño, haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 11.15h e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.30 horas. O regreso aproximado está previsto para as 20.15h no Milladoiro e 20.30h en Bertamiráns.

Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Xuventude a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Os/as participantes deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar factor 50, e muda. Os participantes tamén deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.