Zas reciclou seiscentos quilos de tapóns para unha causa solidaria

Colector con forma de corazón no Concello de Zas

Colector con forma de corazón no Concello de Zas / Concello

Redacción

O Concello de Zas fixo entrega duns seiscentos quilos de tapóns de plástico á asociación A.S.E.R - Ayuda e Superar Enfermedades Raras, de A Coruña.

Recolléronse en só dous meses nos dous colectores con forma de corazón colocados en Zas e en Baio, e nos demáis puntos de recollida instalados nos centros de ensino do municipio zaense, nos centros socioculturais e na propia casa do concello.

Segundo o alcalde de Zas, Manuel Muíño, esta cantidade de tapóns “demostra, por un lado, a solidaridade da nosa veciñanza e, por outra, o respecto polo medio que se fai con este simple xesto”.

Agora estes tapóns trasladaranse a unha pranta de reciclaxe onde se encargarán de trituralos e de convertelos en diñeiro que a asociación A.S.E.R. entregará a aqueles nenos e nenas con doenzas raras que máis o precisen.

Julio Rey, secretario desta entidade sen ánimo de lucro, destaca a gran implicación da veciñanza con esta acción solidaria así como o seu compromiso co medio.

Os colectores con forma de corazón instalaronse a finais do mes de marzo nas inmediacións do Centro Sociocultural de Zas e na Praza Jorge Mira Pérez, de Baio. Uns contedores solidarios que tamén se poden atopar noutros concellos da Costa da Morte, como os de Carballo, Vimianzo e Malpica, entre outros.