Catro agrupacións de Galicia e León danse cita no Festival Folclórico do Pedrón de Padrón

Agrupación de O Pedrón, organizadora do evento / cocnello de padrón

Agrupación de O Pedrón, organizadora do evento / cocnello de padrón / redacción

Redacción

O Concello de Padrón colabora na organización do XIV Festival Folclórico do Pedrón que se celebra este sábado, día 10 de xuño. A partir das 20.30 horas, a Praza de Macías acolle a actuación da Banda de Gaitas Vega de Espinareda, procedente do Bierzo, así como dos grupos A Mamoa de Luou, Armadanzas de Laraño, e dos organizadores deste evento, a A.F.C. O Pedrón. O presentador será o cómico Victor Grande.

A cita volverá contar coa realización do obradoiro Puntos ao son do pandeiro cadrado, unha actividade aberta ao público, previa inscrición, que se realiza o sábado no Paseo do Espolón entre as 16.30 e as 18.30 horas. O custo é de 25 €. Martín Mondragón será o encargado de impartir este obradoiro que consiste nun achegamento á técnica básica de tocar o pandeiro cadrado a través do repertorio de melodías de Maruza Grande Sobral, e tamén ao baile. O encontro pecharase con foliada.

Ao igual que na pasada edición, a xornada contará coa presenza de artesáns que venderán os seus produtos na praza.

TEMAS