A carreira solidaria do colexio Barrié de Santa Comba superou os 2.300 €

Una anterior edición de la carrera solidaria del colegio Barrie

Una anterior edición de la carrera solidaria del colegio Barrie / CEIP

A carreira solidaria celebrada no colexio Barrié de la Maza de Santa Comba alcanzou os 2.304 euros, que vanse repartir entre a Fundación comarcal de persoas con discapacidade de Barcala e para Avante de Val do Dubra, segundo confirma o seu coordinador, César Ramos.

Trátase dunha das actividadee enmarcadas no Proxecto de Vida Activa e Deportiva, un evento similar ao celebrados en anos anteriores para recadar doacións entre os participantes destinadas, por exemplo, a combatir o cancro infantil con Asanog. Nesta edición repartíronse por igual as cantidades recibidas entre entidades que axudan e dan formación a veciños con discapacidade da súa contorna.