Dezanove lugares participan no concurso Embelecer Valga

Unha das zonas embelecidas o ano pasado /concello de valga

Unha das zonas embelecidas o ano pasado /concello de valga / s.e

Un total de dezanove colectivos e comisións veciñas participan este ano no concurso "Embelecer Valga” cos seus proxectos de mellora e acondicionamento de espazos e dotacións públicas, co obxectivo de ser proclamados coma o lugar máis fermoso. Para participar no certame tiveron que formar unha comisión e presentar unha memoria descritiva das accións de mellora a desenvolver e os materiais que estiman precisos, ademais dunha reportaxe fotográfica do estado no que se atopa o lugar no que se levarán a cabo as actuacións. O Concello aportará o material para a execución das obras, que terán que estar rematadas na penúltima fin de semana de agosto, cando terá lugar a visita do xurado. O proxecto mellor valorado será premiado con 300 euros, o segundo recibirá 200 e o terceiro, 100 euros. Os tres primeiros clasificados recibirán tamén un trofeo e o resto de participantes serán gratificados con 100 euros e un diploma conmemorativo. Ademais, outorgarase un premio especial de 150 € á comisión que mellor mantivo o lugar.