Encontro literario e musical de Fisterras Atlánticas na fin do mundo

Cartel promocional do encontro Fisterras Atlánticas: música e palabras

Cartel promocional do encontro Fisterras Atlánticas: música e palabras / Bela Fisterra

J. M. Ramos

O encontro Fisterras Atlánticas: música e palabras xuntará mañá, día 10 de xuño a partir das 19.15 horas no hotel Bela Fisterra, a autores como Suso de Toro, Chisco Fernández Naval, Modesto Fraga, Xosé Iglesias, Xosé Manuel Lema e Alexandre Nerium, quenes ofrecerán un recital poético no que, ademais de versos propios, porán voz tamén a outros de poetas irlandeses como Seamus Heaney, Bernard O'Donoghue e Lorna Shaugnessy.

A música correrá a cargo a banda Distrito 10, que complementará o encontro cun animado concerto. Todo elo coordinado por Antonio R. de Toro e Miguel Giráldez. A entrada é de balde.

TEMAS