Os ‘peregrinos musicais’ fan escala no Pazo da Peregrina de Bertamiráns
Ademais da Real Filharmonía de Galicia, no evento musical hai un elenco de participantes moi variado e repleto de talento

Unha gañadora de Peregrinos musicais / p.m.
O XIII Festival Peregrinos Musicales ultima xa todos os preparativos para a súa posta en marcha. Unha das actividades centrais das dúas semanas de intenso programa será o tradicional concerto da Real Filharmonía de Galicia, o 11 de xullo no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas, e contará coa participación dos seis intérpretes galardoados no Certame Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales.
As outras sete xornadas musicais que ofrecerá o festival desenvolveranse entre o 29 de xuño e o 14 de xullo. E este ano, como novidade, ademais de ter lugar en espazos emblemáticos da capital galega, algúns concertos desenvolveranse tamén no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en datas aínda por confirmar. No evento musical participará, ademais da Real Filharmonía de Galicia, un elenco de participantes moi variado e repleto de talento: o dos seis galardoados no Certame Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales. Entre eles, atópanse dous galegos, os pianistas Cristina Bernal (Culleredo) e Yuri Durán (A Pobra do Caramiñal). Acompañaranos os vascos Pablo López (clarinete) e Nerea Arriola (violín), así como o alemán Emanuel Sint (fagot) e a ucraína Sonya Zholoboba (piano). E no aque atinxe ao acceso, será de balde.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Cuatro jóvenes heridos en un accidente con tres vehículos implicados en Ribeira