Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xunta e profesionais do turismo da Costa da Morte promocionarán os produtos agroalimentarios locais

Pepe Formoso, á esquerda, Julio Castro, e Juan Gómez coa directora de Agader, Inés Santé

Pepe Formoso, á esquerda, Julio Castro, e Juan Gómez coa directora de Agader, Inés Santé / Xunta

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Vimianzo

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé acordou coa directiva da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) promocionar os produtos locais da horta, o agro e gandeiría destas comarcas durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Búscase reforzar así a colaboración co propio Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte co fin de levar a cabo accións promocionais conxuntas.

Neste senso, Inés Santé salientou que o traballo destes grupos é fundamental, xa que son unhas entidades dinamizadoras do medio rural e son claves no referente ás políticas de fixación da poboación.

Esta foi a segunda das xuntanzas que a asociación ten en axenda coas diferentes administracións competentes no territorio a fin de trasladar as liñas estratéxicas e de encontrar sinerxias de traballo de accións concretas para levar a cabo procesos e iniciativas que potencien o territorio Costa da Morte no seu conxunto.

Entre os obxectivos de APTCM está o de dar valor ao produto local implicando ao sector local do agro, da horta e da gandería conxuntamente co sector empresarial ao longo de todo o ano para paliar un déficit que o territorio ten nestes intres, como e a desestacionalización. O presidente da asociación, Pepe Formoso, xunto con Julio Castro, vicepresidente, e Juan Gómez, responsable da asistencia técnica presentáronlle a directora xeral a filosofía da actual directiva e as liñas de traballo polas que se van rexer nos próximos anos.

 Neste senso, incidiron na clara intención de que, “a asociación debe ser un nexo de unión entre os diferentes axentes do territorio, poñendo en valor a calidade dos produtos (neste caso, do agro, horta e gandería) a través de diferentes accións, como xornadas de exaltacións entre os produtores e os locais de restauración e outro tipo de asociados de APTCM.”

Inés Santé trasladoulle aos membros de APTCM que esa era a liña de traballo que a Consellería de Medio Rural tiña en mente e polo tanto mostrou o seu “total apoio a este tipo de iniciativas que consideran, dunha gran importancia para a promoción do produto local e polo tanto da posta en valor do territorio.” 

No transcurso da reunión definiron as liñas de traballo concretas. Unha delas, a desenvolver ao longo dos últimos meses deste ano 2023 a modo de proxecto de patrocinio dos produtos locais, consistirá en campañas de degustación co obxectivo de sentar as bases dun proxecto mais ambicioso a medio e longo prazo. 

Estas liñas de traballo contarán co apoio da Consellería de Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e máis a longo prazo coa presentación de proxectos a través dos novos fondos comunitarios (programa LEADER) que xestionará o GDR. 

Baixo esta premisa, confían en acadar tres dos principais obxectivos de APTCM: sustentabilidade, promocionando o ecolóxico e trasladando dende o sector turístico a información necesaria aos consumidores; calidade, ofrecendo produto de tempada como vía para conquerir a desestacionalización, "obxectivo primordial este último para o sector turístico da Costa da Morte", concluíu Pepe Formoso.

TEMAS

Tracking Pixel Contents