O novo goberno municipal de Vimianzo, que preside Mónica Rodríguez (PSOE, 10), terá tres dedicacións: dúas exclusivas e unha parcial. A rexedora percibirá un salario de 50.000 euros brutos anuais, e a segunda tenente de alcaldesa e concelleira de Benestar Social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá, María José Pose, percibirá 44.000 €. Ambas dedicaranse en exclusiva ao Concello.

Pola súa banda, o edil de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil, Miguel Ángel Pérez, terá unha dedicación do 75% e cobrará 33.000 € anuais.

O resto de áreas serán asumidas por Rosa Blanco, concelleira de Cultura, Patrimonio e Biblioteca; Mario Andújar, edil de Ensino, Formación, Emprego, Edificios Municipais e Policía Local; Sergio Miñones, que asume a concellería de Deportes, Mocidade e Festexos; Manuel Pose, que asumirá as áreas de Ornato Municipal, Protección Civil e Hostalería; Beatriz Pazos, concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Asociacionismo; e Josefa Campos, que será edil de Terceira Idade, Familia, Mercados e Consumo.

Os dous concelleiros do BNG votaron en contra do reparto de dedicacións e o do PP abstívose. Tampouco houbo acordo para fixar a periodicidade dos plenos. Serán cada 2 meses o último mércores ás 09.00. Os dous grupos da oposición votaron en contra.