A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou onte o inicio das obras no interior da residencia pública autonómica da Pobra, para adaptala ao novo modelo de coidados. Foi durante unha visita aos usuarios para presentarlles o proxecto, cuxos traballos comezarán hoxe.
A actuación permitirá unha mellora integral dos espazos interiores do centro para modernizalos, facelos máis accesibles, máis luminosos e con máis zonas comúns.
Tamén se habilitará unha nova sala de rehabilitación. A Xunta destinará a esta actuación 366.000 euros e prevese que os traballos rematen a finais deste ano.