O pavillón do Conco transformouse este domingo en escenario dunha emotiva homenaxe ao que durante corenta anos foi alcalde de Dumbría, o socialista José Manuel Pequeño Castro. Baixo o lema Dumbría, o teu soño, veciños, alcaldes, alcaldesas e concelleiros socialistas, ademais de representantes de diversas entidades, sumáronse ao acto, no que participaron tamén o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González, e o secretario provincial do partido, Bernardo Fernández, entre outros, ademais do seu sucesor no cargo, o tamén socialista Raúl González.