Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As inscricións son de balde

Carnota organiza 3 rutas de sendeirismo circulares por Lira, O Pindo e San Mamede

Panorámica desde el mirador de Lira, en Carnota

Panorámica desde el mirador de Lira, en Carnota / Concello

Redacción

Carnota

O Concello de Carnota organizou un ciclo de rutas de sendeirismo para os meses de de outubro, novembro e decembro. A primeira delas, denominada Senda Verde e Senda Azul, terá lugar o día 22 de outubro. Trátase dun itinerario circular de 17 quilómetros con inicio e fin na antiga escola unitaria de Lariño. A saída será ás 09.30 horas e os participantes camiñarán por A Gándara, Senda Verde, Martiaño, Lira (con visita ó hórreo), praia de Lariño e Á Gándara.

A seguinte, por O Pindo e Quilmas, será o día 19 de novembro. Será tamén un itinerario circular de doce quilómetros con inicio e fin no porto do Pindo, con saída ás 09.30 horas hacia o mirador Onde se Adora, porto de Quilmas e O Pindo, visitando o seu porto.

Finalmente, a ruta por Carnota e San Mamede terá lugar o día 3 de decembro. Tamén neste caso será un itinerario circular, de 10 quilómetros, por Carnota, Senda Verde, San Mamede, Pedrafigueira, Nóutigos e Carnota, con saída ás nove e media da mañá.

As persoas interesadas en participar poderán facer as inscricións de balde cubrindo o formulario online da web municipal ata o xoves antes de cada ruta.

Tracking Pixel Contents